top of page

SOBRE RESIDENCIA GARVI

A nosa residencia conta con máis de 15 anos de experiencia, por onde pasaron xeracións de estudantes que finalizaron con éxito os seus estudos e dos cais nos sentimos moi orgullosos e orgullosas de formar parte da súa traxectoria.

Formamos e queremos seguir formando parte da transformación desta cidade aportando o noso gran de area en fomentar o ambiente cultural e diverso que a Universidade ofrece. Un dos nosos principais obxectivos é que cada residente cumpra as súas metas académicas, ofrecendo un ambiente próspero para o estudo compaxinado cun bo servizo de comidas e limpezas. 

Que a túa única preocupación sexa rematar os teus estudos!

QUE DIN DE NÓS

“Estiven na residencia todos os anos da carreira, os meus irmáns tamén. Un trato excelente sempre en todos os aspectos. A dona un encanto de persoa. Máis que recomendada”

Marina González  | Facultade de Económicas e Empresariais

Descubre as novidades

bottom of page