
A RESIDENCIA
Con máis de 15 anos de experiencia acollendo xeración tras xeración de estudantes e formando parte da vida universitaria do campus da Universidade de Santiago de Compostela.
Na residencia GARVI atoparás todas as comodidades para pasar o teu ano universitario sen preocupacións para centrarte e render ao máximo no teu proxecto académico. Ademais, como queremos que te sintas como na casa, a nosa comida é 100% caseira como se cearas todos os días no teu fogar.
Non esperes máis e vén visitar as nosas instalacións sen ningún tipo de compromiso.



CUARTOS
PEQUENOS
01
Dispoñemos de cuartos pequenos que contan coas mesmas comodidades que outros cuartos, tan só que son máis pequenos en tamaño e están orientados cara o interior da residencia.

CUARTOS
MEDIANOS
02
Os nosos cuartos medianos son considerablemente máis grandes que os pequenos e tamén contan con todos os servizos.





CUARTOS
GRANDES
03
Dispoñemos de cuartos grandes que están orientados ao exterior e interior da residencia. Ademais de contar con todos os servizos como o resto de cuartos, temos cuartos con baño privado.
SERVIZOS
Todos os residentes da nosa residencia están en réxime de pensión completa, ademais dos seguintes servizos que poden ver premendo na imaxe:





