Gala Youtubeir@s 2019

Falta moi pouco para que chegue a gala para saber quen son as persoas gañadoras.

O venres 29 de novembro ás 20h, saberase quen son as persoas gañadoras dos #premiosyoutubeiras2019. A gala estará amenizada por Isaura, das Fillas Bravas, Manu TF e Iria Fafián. Podes recoller as túas entradas (ata 3 por persoa) na billeteira do Teatro Principal de Santiago de Compostela a partir do martes 12 de novembro de 18.00 a 21.00h. É de balde!


Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, Moaña, O Grove, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Rúa Santiago del Estero 3, 5º

Santiago de Compostela

Tel: 653 519 619

Enviar mensaxe aquí

     Chat de

© Residencia Universitaria GARVI 2019