LOCALIZACIÓN
A nosa ubicación atópase a un paso do Campus Sur da USC, localizada na parte con máis vida da cidade, onde reside a maior parte do alumnado da universidade. Debido ao tamaño da cidade, se a túa facultade se atopa no Campus Norte ou o Campus Histórico, non terás problemas para chegar en non máis de quince minutos.
MOVERSE POLA CIDADE
A cidade de Compostela é moi pequena, así que non terás ningún problema para moverte a pé dun lado ao outro. Aínda así, dispós de varios métodos de transporte:
02
no Bus
A cidade conta cunha rede de liñas de autobuses que che permiten mover dunha punta á outra sen mollarte, importante! Aquí poderás ver as prestacións que tes por ser estudante.
01
no Tren
A estación de tren que se atopa a 10 minutos da nosa residencia, conéctate coas principais cidades e vilas galegas. Aquí poderás saber máis sobre o servizo.
03
na Bicicleta
A USC anima cada ano ao seu alumnado a moverse pola cidade en bicicleta para fomentar o seu uso e reducir outros transportes que contribúen ao quecemento do planeta. Aquí poderás saber máis do seu servizo de préstamo.