top of page

Colexiata Santa María a Real do Sar

Construída no século XII na beira do río Sar.

Construída no século XII na beira do río Sar é, xunto coa a Catedral, a igrexa que conserva a maior parte da súa primitiva fábrica románica.

No exterior chaman a atención os robustos arcobotantes construídos entre os séculos XVII e XVIII para protexer os muros setentrionais e evitar a súa derruba. Ben fose por un erro técnico na construcción, pola atrevida elevación das naves laterais, polo corremento do inestable terreo sobre o que se asenta e que decote é asolagado polo río ou por vontade dos que traballaron na súa construcción, os muros e as columnas interiores están visiblemente inclinados, o que lle confire un singular atractivo e obrigou a refacer a bóveda de canón no século XVI.


Aquí podes ver como chegar ata o monumento:



bottom of page