top of page

Gastronomía 100% galega



Pescadas, rodaballos, meros, robalizas, linguados, ollomoles e peixes sapo son os peixes das augas galegas que ‘nadan' nas cartas dun auténtico mar de restaurantes. As sardiñas e xurelos van, por excelencia, fritidos; o resto admite dende un sinxelo paso pola prancha ou ao forno ate suculentos guisos ‘á galega' –con allada, aceite de oliva e abundante pementón-, en caldeirada a ‘á pota', o que xa implica a presenza na ola de varias especies, patacas, xudías ou chícharos e a apreciábel escolta de lagostinos ou ameixas. Dos mil ríos galegos chegan, alén disto, salmóns, troitas e lampreas.


A capital de Galicia é tamén escenario para a degustación da famosa tenreira galega, que brinda churrascos, solombo e chuletóns de considerable tenrura e tamaño. Mais o grande protagonista dos pratos de inverno é, moi ao seu pesar, o porco. A partir da súa matanza, en novembro –'a todo porco lle chega o seu San Martiño' - aparece en preparacións como o lacón con grelos (as patas dianteiros do animal curados e servidos con patacas, chourizo e follas tenras de nabo) ou no cocido galego, que combina carne fresca, galiña, chourizo, lacón, costela salgada, touciño, orella e morro de porco con patacas, garavanzos e grelos.


Morcillas e chourizos poden ademais presentarse enchendo as filloas, que aparecen na la gastronomía galega a tempo para a matanza e o Entroido, soas ou acompañando ao cocido. Son unhas tortillas, semellantes ás crêpes bretoas, que tamén son moi populares na súa versión doce.

bottom of page