O galego é a lingua propia de Galicia, un territorio situado no noroeste da Península Ibérica. Fálase nas catro provincias que compoñen a Comunidade Autónoma, así como nos territorios estremeiros das provincias de Asturias, León e Zamora. Dos case 3.000.000 de habitantes desta comunidade, cerca de 2.000.000 usan habitualmente o galego. A estas cifras cómpre engadir case 1.000.000 de emigrantes residentes por toda a Europa occidental, os EUA e América do Sur.
Onde estudar galego na USC?
A Universidade de Santiago de Compostela ofrece cursos de galego para persoas non galegofalantes a través do Centro de Linguas Modernas. Está aberto a todo o mundo, mais as persoas que estuden na universidade teñen desconto na matrícula.
Aquí poderás atopar toda a información necesaria.
Kommentare