top of page

A tradición do Samaín


Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galiza os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas.


Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:


  • 1 Febreiro en honra a de idade Imbole.

  • 1 Maio en honra a de idade Beltain.

  • 1 Agosto en honra a de idade Lungh.

  • 1 Novembro en honra a de idade Samaín.


Ao igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma un dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".


Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes

berros e sobre todo profecías verdadeiras. A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do verán, era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo

que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.


Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o Día de Defuntos e Todos os Santos.


bottom of page