top of page

Por que aloxarme nunha residencia universitaria?



Un dos grandes dilemas cando os e as estudantes van afrontar a súa etapa universitaria é se decantarse por un aloxamento nun piso compartido ou, por un contrario, desfrutar das múltiples comodidades que nunha residencia de estudantes pode ofrecer.


A opción que ofrece maiores vantaxes para aqueles estudantes que deixan o seu fogar de orixe atrás para descobrer novos lugares e amizades no ascenso na súa traxectoria académica é, sen dúbida, a residencia de estudantes.


Tamén converteuse nos últimos anos nunha opción económica se ten en conta todos os servizos que ofrece este tipo de hospedaxe se se compara co aluguer da vivenda, o cal incrementouse de forma notábel nos últimos anos, especialmente nas grandes cidades, de aí que as razóns para optar por unha residencia universitaria gañen a batalla ao piso compartido.


Entre as vantaxes que máis mencionan os estudantes e os seus pais sobre a residencia universitaria en detrimento á opción da vivenda, destaca a de coñecer a máis xente da mesma idade e intereses nos primeiros instantes no novo emprazamento, un aspecto realmente importante para a rápida adaptación dos universitarios e universitarias.


Outra razón de peso é, sen dúbida, a dos servizos complementarios que se inclúe na oferta destas instalacións.

bottom of page