top of page

O Son do Camiño en Compostela

Damos a benvida outro ano máis ao festival galego "O Son do Camiño".


Unhas 33.000 persoas procedentes de todo o mundo daranse cita dende o xoves ao sábado no Monte do Gozo. Son moitos os que xa están coa conta atrás para poder desfrutar do Son do Camiño, que arranca en só tres días no Monte do Gozo, reunindo a artistas do talle internacional de Iggy Pop, David Guetta, Black Eyed Peas ou Rosalía, entre outros. De feito, no auditorio compostelán está case todo a punto para poder desfrutar da mellor música, e onte o impresionante escenario principal xa estaba prácticamente montado no recinto.


Hai que tener en conta que os abonos esgotáronse en menos dunha hora o mesmo día que saíron á venda. No caso das localidades individuais, só quedan para o primeiro día, o xoves, dende 49 euros, na web do Son do Camiño. Nesa xornada actuarán Bastille, Richard Ashcroft, Die Antwoord, Beret ou Second, entre outros. Debido a que xa non hai entradas nin abonos para ver a artistas do talle de Iggy Pop, Black Eyed Peas, Rosalía ou David Guetta, hai persoas que utilizan as publicacións nas redes sociais do Son do Camiño para conseguir entradas.


TRANSPORTE. O sistema de transporte público de Santiago Tussa poñerá en marcha durante os días do festival (13, 14 e 15 de xuño) o servizo de lanzadeiras de autobuses urbanos.

Comments


bottom of page