top of page

Préstamo de bicicletas

O programa de préstamo de bicicletas vai dirixido a toda a comunidade universitaria da USC.

Obxectivos

Os obxectivos deste programa de préstamo de bicicletas son:

  • Promover o emprego da bicicleta como vehículo sostible.

  • Valorar a reacción do colectivo universitario e o interese xerado pola iniciativa.

  • Estudar as particularidades do uso da bicicleta no entorno dos campus e das cidades de Santiago e Lugo e propor cambios que faciliten o seu uso.


Destinatarios

O programa de préstamo de bicicletas vai dirixido a toda a comunidade universitaria da USC (estudantes, PDI e PAS).


Achegas do programa

O programa de préstamo de bicicletas comprométese cos seus participantes a:

  • Dotación dunha bicicleta e dous cadeados.

  • Asesoramento técnico durante o tempo de vixencia do programa.

  • Durante os meses nos que o préstamo estea activo, dende a Oficina de Desenvolvemento Sostible informarase a todos os participantes das actividades que se organicen en relación ao fomento do uso da bicicleta.

Como podo participar?

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar no programa de préstamo de bicicletas terán que cubrir o seguinte formulario.


Comments


bottom of page