top of page

O Magosto é noso



O Magosto é unha festa tradicional tan arraigada na cultura popular galega como as colleitas e a árbore responsábel da mesma. Os castiñeiros forman parte esencial da paisaxe galega dende fai moitos séculos. Como tantas outras cousas, que dirían por aí, Galiza debe aos seus castiñeiros aos romanos, que trouxeron unhas variedades de árbore máis produtivas que as autóctonas que se extenderon rápidamente polo país. Durante os séculos seguintes, a castaña adquiere gran protagonismo no ciclo vital e económico das terras, tanto dos terratenentes –mosteiros e nobres– como dos seus arrendados. Aproveitados ao máximo –dende a madeira da árbore, ata o seu froito e os seus desfeitos– esixía a plantación de soutos nas terras e moitas rendas ou parte delas cobrábanse en castañas, tamén coñecidas como 'o pan dos probes'.

Comments


bottom of page