top of page

Aí vén o Ano Santo



O privilexio concedido, e confirmado por Alexandre III, consiste en que cada ano en que o 25 de xullo, festa do Apóstolo Santiago, coincide en domingo, poderanse ganar na Igrexa de Compostela as grazas do Xubileu.


Como saber cando será o vindeiro Ano Santo

Debido a esta condición, os Anos Santos prodúcense con aparente irregularidade, separados por intervalos de seis, cinco, seis e once anos. Os últimos Anos Santos do século XX foron 1993 e 1999. Os primeiros do século XXI son 2004, 2010 e 2021. 2021 será o Ano Santo número 120 na historia dos Anos Santos Composteláns, contando a partir do Ano Santo de 1182.


A Igrexa, co Ano Xubilar, institúe un tempo especial de graza, durante o cal é posíbel obter unha indulxencia plenaria para o perdón da pena que merecen os pecados cometidos. As condicións para gañar o Xubileu son:


  1. Visitar a Catedral de Santiago onde se garda a Tumba de Santiago o Maior.

  2. Rezar algunha oración.

  3. Recibir os sacramentos da penitencia e da Comuñón.

Comments


bottom of page